Buscar unha mellor coordinación entre o partido e os deputados na corporación provincial. É o principal obxectivo co que o novo presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, reuniuse este luns cos deputados da súa formación política.
Todos eles deberán cumprir un "papel fundamental" na institución provincial, xa que Rueda lembrou que o seu partido é "maioritario" na corporación provincial e representan á "maior parte" dos cidadáns da provincia.
Así, desde unha "óptica de partido", os populares comprometéronse a seguir tendo "propostas e obxectivos" e seguir transmitindo que "temos unha idea do que debe ser nosa provincia".
Rueda contrapuxo, pola súa banda, este traballo cunha deputación provincial que "dicía que ía abrir portas e ventás e non as pode ter máis pechadas".
Ademais, denunciou que hai aspectos de xestión que están "totalmente paralizados" e que moitos alcaldes lamentan que "cousas que antes funcionaban ben agora directamente non funcionan".