O candidato do Partido Popular á Presidencia da Xunta, Alfonso Rueda, acudiu a votar ao colexio electoral instalado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, a uns cincuenta metros da súa casa en Pontevedra.
Rueda mostrouse sorprendido pola inusual presenza de numerosos medios de comunicación desprazados para informar da súa votación e aproveitou as súas declaracións para animar á cidadanía a que acuda en masa ás urnas "pido que sexamos un exemplo de participación" dixo, convencido de que "sería unha magnífica noticia que haxa alta participación", asegurou.
"Canta máis xente participe máis xente está a darse conta de que hoxe se decide o futuro de Galicia", engadiu.
"Mis sensaciones son muy buenas, pero ahora es la gente que está votando la que tiene que decidir", compartiu Rueda cos xornalistas a quen confesou que sente un gran "optimismo por obtener un magnífico resultado".
O candidato do PP destacou que por agora a xornada desenvólvese con total normalidade e agradeceu o traballo "dos compañeiros e apoderados de todos os partidos, loxicamente e especialmente aos Partido Popular".
Sobre os seus plans para esta xornada dominical, Rueda indicou que "daré una pequeña vuelta por aquí por Pontevedra, por mi ciudad" e despois ao mediodía desprazarase a Santiago onde "esperaré la tarde con un poco de calma" para, a partir das 20.00 horas, atender ao resultado do escrutinio "van a ser una unas horas intensas sin ninguna duda", chanceou.
Rueda tamén explicou que "ayer por la noche" foi a última vez que falou co presidente nacional do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo nunha conversación na que "hablamos de sensaciones, los dos teníamos sensaciones muy positivas" e apunta que, ao longo do día, "estaremos en contacto sin ninguna duda".
Rueda acudiu a votar acompañado das súas fillas, Bea e Marta, que votaron antes que el, e a súa muller, Marta, que o fixo noutra mesa do mesmo colexio electoral.
"ES LA PRIMERA VEZ QUE VOTAMOS A PAPÁ"
As fillas do candidato do PP, Bea e Marta Rueda compartiron cos xornalistas a súa visión desta xornada: "son unas elecciones diferentes no cabe duda, es la primera vez que votamos a papá directamente y es muy es muy emocionante", comentaron.
"Hace mucha ilusión y esperemos que todo vaya bien, que todo salga bien", desexaron.
Do mesmo xeito que minutos antes facía o seu pai, Bea e Marta tamén destacaron a relevancia de que a cidadanía acuda a votar "es muy importante, sí".