Rueda defende en Cambados a lei galega do litoral fronte á "moi restritiva" normativa estatal de Costas

O Salnés
10 de xullo 2023

Ata Cambados foi este luns o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para defender a nova lei galega do litoral. Fíxoo tras visitar as instalacións de Mariscos Daporta, no porto de Tragove, xunto ao conselleiro de Mar, Alfonso Villares

Visita de Alfonso Rueda ás instalacións de Mariscos Daporta en Cambados
Visita de Alfonso Rueda ás instalacións de Mariscos Daporta en Cambados / David Cabezón / Xunta de Galicia

Ata Cambados foi este luns o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, para defender a nova lei galega do litoral. Fíxoo tras visitar as instalacións de Mariscos Daporta, no porto de Tragove, xunto ao conselleiro de Mar, Alfonso Villares.

Rueda destacou que a normativa aprobada por Galicia dá seguridade ás empresas da cadea mar industria, un sector que xera 9.000 millóns de euros ao ano, que supón o 5% do PIB galego e que conta cuns 40.000 empregos directos.

Esta lei autonómica, segundo o presidente galego, ofrece "garantías xurídicas" a unhas 4.000 edificacións, entre empresas, vivendas ou centros de saúde, presentes no litoral galego e que a actual lexislación estatal "poñía en risco".

Sostivo que o obxectivo desta nova lei é "garantir o equilibrio" entre a conservación do litoral e as actividades estratéxicas que se desenvolven en territorio marítimo.

Nesta liña, Alfonso Rueda remarcou que tanto a administración galega como o propio sector "son os primeiros interesados en preservar e mimar o entorno".

"Aquí en Galicia queremos seguir vivindo do mar e coidando do mar", afirmou Rueda, que considera que "é posible" manter actividades craves desde o punto de vista socioeconómico e que estas se desenvolvan de forma "totalmente sostible".

O presidente da Xunta insistiu en que un sector tan vinculado ao tecido produtivo galego precisa "garantías e estabilidade", algo que non ofrece a actual normativa de Costas do Goberno.

A lei estatal, denunciou o titular do goberno galego, é "moi restritiva e contraria aos intereses de miles de postos de traballo e moitisimas empresas", ao buscar que o litoral quede libre de calquera actividade "sen ter en conta a realidade de cada territorio".

"Non ten sentido unha norma que trata a todo o litoral de España por igual", concluíu Rueda, que defendeu que Galicia "vive do seu mar coidando do seu mar".