Rueda celebra a cuarta maioría do PP "cuando todo el mundo pensaba que era imposible"

Pontevedra
13 de xullo 2020

Na sede do Partido Popular de Pontevedra na rúa Reina Vitoria brindábase esta noite con albariño a cuarta vitoria electoral de Alberto Núñez Feijóo. O presidente provincial do PPdeG, Alfonso Rueda tamén festexaba que en 57 dos 61  concellos da provincia os populares eran a forza máis votada "y hemos subido en porcentaje de voto en 23 concellos, que no era nada fácil". E especialmente celebrada foi  "nuestra victoria en el voto urbano",  sinalou Rueda  

Celebración do Partido Popular polo resultado das eleccións autonómicas 2020
Celebración do Partido Popular polo resultado das eleccións autonómicas 2020 / Cristina Saiz

Na sede do Partido Popular de Pontevedra na rúa Reina Vitoria brindábase esta noite con albariño a cuarta vitoria electoral de Alberto Núñez Feijóo.

O presidente provincial do PPdeG, Alfonso Rueda tamén festexaba que en 57 dos 61  concellos da provincia os populares eran a forza máis votada "y hemos subido en porcentaje de voto en 23 concellos, que no era nada fácil". E especialmente celebrada foi "nuestra victoria en el voto urbano", sinalou Rueda.

"Hemos ganado por mayoría absoluta cuando todo el mundo pensaba que era imposible una cuarta vez",  foi unha das conclusións  extraidas onte á noite por Alfonso Rueda. 

As declaracións de Rueda chegaban sobre a unha da madrugada porque houbo que esperar a que o escrutinio chegase ao 99% para saber quen quedaba co último escano o que permitiría ao PP cumprir o seu obxectivo na provincia de manter os once deputados, con todo o PP quedou con dez, e BNG e PSOE con seis cada un. 

Nunha xornada electoral onde todo foron alegrías a formación conservadora perde apoios na provincia de Pontevedra quedándose por baixo dos 200.000 votos.

No seu discurso Rueda destacou as vitorias do PP en  concellos como Vilagarcía ou en Vigo "donde algunos se las prometían muy felices" e en último lugar citou á capital Pontevedra, co presidente local Rafa Domínguez ao seu lago dixo que "no hace más que mejorar elección a elección, no hace más que ilusionarnos con que cada vez le queda menos para ser alcalde".

Os balances deixounos para a xornada deste luns "toca aprender de los resultados, también nos dan lecciones de donde hay que mejorar", dixo.