O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este venres o servizo de emerxencias do concello de Sanxenxo, onde incidiu na importancia da cooperación entre administracións no eido das emerxencias na nosa comunidade.
Alfonso Rueda, na súa intervención, quixo felicitar o traballo levado a cabo polos 15 efectivos que traballan no parque de Sanxenxo, cun servizo que abrangue as vinte catro horas do día e que atende a máis de 8.000 incidencias.
O vicepresidente da Xunta destacou que coa integración do concello de Sanxenxo na nova rede de emerxencias, o parque de dita vila verase reforzado coa partida de 125.000 euros anuais, o que lle permitirá realizar melloras e así poder garantir a prestación do servizo máis alá do ámbito municipal, xa que pasará a dar servizo tamén aos concellos de Meaño, O Grove e Poio.