Rueda agarda "que se podan dar pasos canto antes" de cara á comarcalización dos parques de bombeiros

Pontevedra
12 de decembro 2017

Rueda fixo estas declaracións en Pontevedra no transcurso dun acto de entrega de diverso equipamento de emerxencias a 16 concellos da provincia, "mediante o cal se segue reforzando a xestión das emerxencias na nosa comunidade"

O vicepresidente da Xunta entrega material de emerxencias
O vicepresidente da Xunta entrega material de emerxencias

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, agarda "que se podan dar pasos canto antes" de cara a comarcalización dos parques de bombeiros de Pontevedra e Vigo e a dotación de algún Grupo de Emerxencia Supramunicipal "a maiores dos que existen na actualidade" para "ir completando o mapa de emerxencias".

Alfonso Rueda espera que "teñan as súas conclusións canto antes" no grupo de traballo formado pola Xunta, Fegamp e as cuatro diputacións para analizar as necesidades de mellora dos servicios contra incendios na comunidade autónoma para que "podamos no 2018 implantar os cambios que sexan necesarios".

"Non debería haber discusións políticas que impidan chegar a acordos en algo tan importante como as emerxencias", engadiu o vicepresidente que fixo un chamamento á Deputación de Pontevedra "para avanzar nese modelo".

Rueda fixo estas declaracións en Pontevedra no transcurso dun acto de entrega de diverso equipamento de emerxencias a 16 concellos da provincia, "mediante o cal se segue reforzando a xestión das emerxencias na nosa comunidade".

Ao abeiro das axudas da Vicepresidencia para equipamentos de emerxencias, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, grazas ao programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020, foron adquiridos 7 remolques de emerxencias, 2 baúis de salvamento e rescate e 1 equipo de excarceración cun investimento de máis de 166.000 euros.

Foron entregados 7 Remolques de emerxencias para os concellos de Caldas de Reis, Cuntis, Poio, O Porriño, Portas, Redondela e Agrupación de concellos de A Lama, Covelo, Fornelos de Montes, Mondariz, Mondariz Balneario; 2 Baúis de salvamento con diverso material de salvamento e ademais padiola de rescate, taboleiro espiñal e maletín de osixenoterapia, para os concellos de Pontecesures e Vilagarcía de Arousa; e 1 equipo de excarceración para a Mancomunidade de Val Miñor.

Rueda gabou a labor altruísta dos voluntarios, que contribúen a ofrecer un mellor servizo aos cidadáns e a dotalos dunha maior seguridade, complementando a labor que levan a cabo outros servizos profesionais de emerxencias coma bombeiros ou GES.