Curioso suceso o acontecido durante a tarde deste martes 26 de marzo no Grove.
Unha persoa foi rescatada tras caer cunha furgoneta ao mar na zona portuaria. O rechamante do caso é que se trataba do condutor dunha furgoneta de repartición farmacéutica que presuntamente fora roubada minutos antes.
As forzas de seguridade investigan os detalles do suceso, tras denunciarse o roubo da furgoneta cando se atopaba estacionada fronte á farmacia da rúa Luis Antonio Mestre.
Alertada da situación, a Policía Local puxo en marcha un dispositivo para dar co vehículo, recibindo pouco despois o aviso de que unha furgoneta caera ao mar no porto.
Unha embarcacións que navegaba na zona auxiliou ao condutor, levándoo a terra firme para ser atendido polos servizos de emerxencia.
Ademais de Policia Local no amplo dispositivo despregado participaron efectivos do 061, Garda Civil e Emerxencias O Grove.