Rosa Díez escolle Pontevedra para a apertura de campaña de UPyD de cara ao 21-O

Pontevedra
03 de outubro 2012

No acto acompañarana o candidato do seu partido por Pontevedra, José Canedo, e os cabezas de listas polo resto de provincias

Rosa Díez, Presidenta de UPyD
Rosa Díez, Presidenta de UPyD

A voceira de Unión Progreso e Democracia (UPyD), Rosa Díez, elixiu Pontevedra para o acto de apertura de campaña do seu partido en Galicia na madrugada do xoves ao venres 5 de outubro.

UPyD confirma que Díez intervirá no acto de apertura de campaña acompañada polo candidato de UPyD á Presidencia da Xunta de Galicia, José Canedo.

A pegada de carteis realizarase, como en todos os procesos electorais, na Praza de España. Confirmaron a súa presenza os cabezas de lista polo resto de provincias galegas, José Antonio De Lorenzo (A Coruña), Agustín Gallego (Lugo) e Laureano Bermejo (Ourense).

Arquivado en