A Policía Nacional detivo un mozo pontevedréscon antecedentes policiais como presunto autor dun delito de roubo con forza no interior dun domicilio da cidade e a posterior venda dos obxectos substraídos nun establecemento de compravenda de artigos usados.
Segundo informou a Comisaría, o 3 de maio un veciño de Pontevedra interpuxo unha denuncia dando conta do roubo no interior da súa vivenda, á que accederon tras fracturar dúas fiestras e levaron obxectos que van dende un telescopio con trípode ata un reprodutor, un amplificador, un sintonizador, un televisor, catro altofalantes, unha radio portátil ou un aparato de TDT.
Os investigadores comprobaron que o agora detido vendera os obxectos en varias transaccións realizadas en diferentes establecementos de compra-venda da cidade, interviñeron os efectos e citaron o denunciante en dependencias policiais. Recoñeceunos como seus e levóuselles á casa, sen que botase de menos ningún.
Os axentes seguiron coas pescudas e localizaron o individuo que supostamente subtraera os obxectos sobre as 20.15 horas do xoves 9 d maio. Unha vez en dependencias policiais, tramitouse o correspondente atestado policial e o detido foi posto a disposición xudicial.