Rolos de salmón con mexillóns gourmet Pescamar

Pontevedra
26 de decembro 2020

A serie de "A cociña gourmet en conserva" ofrécenos unha receita rápida e sinxela ideal como aperitivo para ir petiscanso mentres non se serven os pratos principais deste Nadal

Rolos de salmón afumado
Rolos de salmón afumado / Foto creada por serhii_bobyk - www.freepik.es

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos cociñar uns rolos de salmón afumado recheos de mexillóns e crema de queixo, ideais como aperitivo para ir petiscanso mentres non se serven os pratos principais deste Nadal.

Os Mexillóns Pescamar son altamentes nutritivos, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. O seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, convértenos nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas en dietas saudables e de control de peso.

Para preparar uns deliciosos Rolos de salmón con mexillóns gourmet Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:

- 2 latas de Mexillóns gourmet de Conservas Pescamar

- 1 sobre de salmón afumado en liscos

- 200 g de queixo cremoso

- 10 olivas recheas de anchoa

- 1 cogombro pequeno

- 1 limón

Elaboración:

Cortamos as olivas en anacos moi pequenos e o cogombro en rodas finas, cada unha á súa vez dividida en catro partes.

Mesturamos os mexillóns gourmet Pescamar, previamente escorridos, coas olivas e o queixo. Incorporamos un pouco de zume de limón para gañar en cremosidade.

Nunha táboa estendemos os liscos de salmón e cortámolos en tiras. Poñemos unha cullerada da mestura anterior en cada unha delas e unha porción de cogombro. Enrolamos. Procedemos da mesma maneira ata esgotar todos os ingredientes.

Podemos presentar os rolos nunha bandexa, cun paíño para que cada comensal os tome con comodidade ou ben en culleres de aperitivo, como se mostra na fotografía. Se se desexa, tamén se pode decorar cunhas pingas do escabeche con aceite de oliva das latas.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.