Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita que nos trae os sabores da cociña oriental e coa que imos aproveitar todos os beneficios da cabala, un dos peixes azuis máis apreciados pola súa graxa e a súa achega en Omega 3.
Para preparar uns saborosos Roliños de primavera fritos con filetes de cabala Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:
- 2 latas de Filetes de Cabala do Sur en tomate Pescamar
- 6 láminas de pasta filo
- 2 cenorias
- 1 cebola pequena
- Medio repolo
- 100 g. de brotes de soia
- Salsa de soia
- Aceite de oliva
- Fariña ou 1 ovo (para selar os roliños)
Elaboración:
Cortamos a cebola e o repolo en tiras finas. A cenoria relámola. Poñemos un chorro de aceite nunha tixola e, cando estea quente, agregamos as verduras por esta orde: a cebola, que refogaremos un par de minutos, a cenoria, outro par de minutos máis, e finalmente o repolo. Imos mesturando e removendo as verduras ata que estean cociñadas o xusto para manterse crocantes al dente. Neste punto, incorporamos os brotes de soia e 3 culleradas de salsa de soia, mesturamos ben ata que non quede líquido solto, retiramos do lume e deixamos arrefriar.
Engadimos á mestura as latas de Filetes de Cabala do Sur en tomate Pescamar, previamente escorridas (gardamos o mollo) e integramos ben todos os ingredientes. Reservamos.
A continuación, estendemos unha lámina de pasta filo e pintámola lixeiramente por enriba con aceite. Colocamos unha parte do recheo, enrolamos ata o centro, dobramos os extremos cara a dentro e acabamos de enrolar. Selamos os bordos cun chisco de auga con fariña ou cunha pincelada de ovo batido.
Procedemos da mesma maneira ata obter 6 rolos que fritiremos en aceite quente ata que estean crocantes e marróns. Escorremos sobre papel de cociña.
Os roliños de primavera podemos acompañalos da tradicional salsa agridoce, á que lle incorporaremos o mollo de tomate da lata que reservaramos.
En dúas semanas volvemos cunha nova proposta de "A cociña gourmet en conserva" cos produtos do mar de alta calidade de Conservas Pescamar.