Da man de Conservas Pescamar, chega unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" cunha receita que leva como principal ingrediente o bacallau: roliños de cabaciña á marinara con bacallau Pescamar.
O bacallau é un peixe branco que destaca pola súa achega en proteínas, superior á dalgunhas carnes, ademáis de ser baixo en calorías e en graxas.
Para preparar uns deliciosos Roliños de cabaciña á marinara con bacallau Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:
- 2 cabaciñas medianas
- 1 lata deBacallau á biscaíña Pescamar
- 300 g de gambas peladas
- 2 dentes de allo
- 1 chile
- 1 poliña de romeu
- Aceite de oliva virxe extra
- Sal
- Para a salsa marinara:
- Aceite de oliva virxe extra
- 1 cebola pequena
- 1 dente de allo
- 2 tomates maduros
- Ourego seco
- Alfábega fresca
- Sal
- Pementa negra
Elaboración:
Preparamos a salsa marinara. Na tixola poñemos o aceite de oliva a quentar. A lume medio, engadimos a cebola picada. Cando empece a facerse, incorporamos o dente de allo cortado moi fino e fritimos dous minutos. Mentres tanto, pelamos os tomates, retirámoslles a polpa e picámolos. Engadimos á tixola e deixamos cociñar a mestura a lume lento durante 25 minutos. Remexemos suavemente ata que se forme unha salsa espesa. Rectificamos de sal e engadimos o ourego seco, a pementa negra e a alfábega fresca picada, en cantidade segundo o noso gusto. Remexemos e reservamos.
Pasamos a elaborar o recheo. Poñemos noutra tixola un chorro de aceite de oliva e pasamos os dous dentes allo cortados en láminas finas co chile. Cando empecen a rustrirse, engadimos un pouco de romeu picado e as gambas previamente cortadas en anacos. Facemos a lume lento, removendo constantemente ata que as gambas estean feitas. Botámoslle un chisco de sal. Retiramos o chile, pasamos a preparacióna un bol e deixamos a tixola co aceite sobrante para usala no paso final. Poñemos no bol o contido da lata de Bacallau á biscaíña Pescamar e removemos suavemente ata integrar os ingredientes. Reservamos.
Procedemos a preparar os roliños. Lavamos as cabaciñas e quitámoslle as puntas. Cortamos en láminas finas ao longo. Poñemos as láminas ao vapor para que sexa máis fácil traballar con elas. Unha vez que empecen a abrandarse, retirámolas do vapor e deixamos arrefriar. Tomamos unha lámina de cabaciña e, no centro, poñémoslle unha cullerada de salsa marinara e outra do preparado de gambas e Bacallau á biscaíña Pescamar. Enrolamos. Procedemos da mesma maneira ata rematar todos os roliños.
Collemos a tixola na que preparamos as gambas ao allo e aproveitamos o aceite sobrante para selar os roliños polos dous lados a lume medio ata que se douren.
Para servir, poñeremos nunha bandexa os roliños acompañados da salsa marinara.
Recoméndase servir inmediatamente, para que o envoltorio se manteña lixeiramente crocante. Podemos decorar cuns anacos de poliñas de romeu.
En dúas semanas, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.