Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita que nos trae os aromas da cociña italiana e coa que imos aproveitar todos os beneficios dun dos peixes máis apreciados: o atún claro.
O atún é un peixe con múltiples propiedades. Destacan a súa achega en proteínas de gran valor biolóxico e o seu alto contido en Omega-3. A estas importantes calidades, hai que engadir os beneficios da súa presentación en aceite de oliva, que ademais contribúe a potenciar o seu sabor.
Para preparar un saboroso Risoto de atún Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:
- 2 latas de Atún Claro en aceite de oliva Pescamar
- 175 g. de arroz de gran curto
- 100 gramos de gambas peladas
- 50 g. de manteiga
- 1 culleradiña de aceite de oliva
- 1 cebola finamente picada
- 1 dente de allo picado
- 50 ml de tomate concentrado
- 1 culleradiña de follas de tomiño fresco
- 600 ml. de caldo de peixe
- 150 ml. de viño espumoso
- 1 culleradiña de pementa negra
- 1 cullerada de perexil fresco picado
- Queixo relado
Elaboración:
Nunha tixola grande, quentamos a metade da manteiga e o aceite, agregamos as cebolas e o allo picados e refogamos ata que se abranden.
Engadimos o tomate concentrado e, cando xa esté o refrito no seu punto, incorporamos o perexil, o tomiño e o arroz e removemos ata que estea todo ben mesturado.
Vertemos o caldo quente aos poucos na tixola mesturándoo ben co arroz e deixándoo cocer ata que se absorba todo o caldo.
Escorremos o contido das latas de Atún Claro en aceite de oliva Pescamar e engadímolo ao arroz, xunto coas gambas e o viño. Revolvemos suavemente e deixamos que coza ata que se absorba todo o viño. Agregamos a pementa e o resto da manteiga e mesturamos todo moi ben.
Deixamos repousar durante uns minutos, co queixo relado empoado por riba, e servimos inmediatamente.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.