A conselleira en funcións de Infraestruturas e Movilidad, Ethel Vázquez, desprazouse este venres 1 ata Ribadumia para supervisar as obras dun aparcadoiro disuasorio que se está executando na contorna da rotonda existente entre a autovía do Salnés e a VG-4 en Barrantes. Con esta dotación, que estará operativa en abril, quérense fomentar as viaxes compartidas na comarca e tamén cara a Pontevedra, Vigo ou Santiago.
O investimento que o goberno galego realiza no novo equipamento é de 545.000 euros. As obras iniciáronse o pasado verán e xa están executadas ao 35%. Ethel Vázquez expuxo que "estas obras acométense con sensibilidade, atendendo á petición dos veciños que solicitaron que se eliminen as orellas das beirarrúas que poden dificultar o tránsito dos ciclistas, moi frecuentes nesta zona".
Este espazo de máis de 2.800 metros cadrados permitirá aparcar de forma segura e cómoda, para continuar con desprazamentos compartidos cara a lugares de traballo ou estudo, contribuíndo á implantación de zonas de baixas emisións. Habilitaranse 77 prazas de estacionamento, dous destas para mobilidade reducida e tres puntos de recarga para vehículos eléctricos.
Xunto á dotación para estacionamento, quedará acondicionado o viario de acceso existente, habilitarase zona de tránsito peonil seguro, plantarase unha zona de arboledo, colocarase unha varanda para protexer a zona do arroio de San Martiño e dotarase de luminarias e cámaras de vixilancia.
Este proxecto en Ribadumia inclúese nas actuacións amparadas polos fondos Next Generation para fomentar a mobilidade sostible e contémplase ampliar a rede de aparcamentos disuasorios para fomentar o vehículo compartido nos municipios de Vilagarcía, no Morrazo e Marín.