Reyes Maroto, ministra de Industria: "Hai un informe que nos di que a prórroga a ENCE era ilegal"

Pontevedra
27 de marzo 2019

Ata agora ninguén do Goberno manifestárase sobre a decisión do executivo de Pedro Sánchez de non defender ante a Audiencia Nacional a prórroga concedida a Ence para manterse en Pontevedra ata 2073. A primeira en falar do tema foi a ministra de Industria, Reyes Maroto. E fíxoo de maneira contundente

Reyes Maroto, ministra de Industria e Turismo
Reyes Maroto, ministra de Industria e Turismo /

Ata agora ninguén do Goberno manifestárase sobre a decisión do executivo de Pedro Sánchez de non defender ante a Audiencia Nacional a prórroga concedida a Ence para manterse en Pontevedra ata 2073. A primeira en falar do tema foi a ministra de Industria, Reyes Maroto. E fíxoo de maneira contundente.

"Hai un informe da Avogacía do Estado que o que nos di é que a prórroga era ilegal e, por tanto, o único que fixemos foi cumprir a lei", sinalou nunha entrevista concedida á Radio Galega, explicando a decisión do Goberno de retirarse do proceso xudicial aberto a instancias do Concello de Pontevedra e das asociacións ambientais APDR e Greenpeace.

A Avogacía do Estado comunicou á Audiencia Nacional que desiste de continuar coa defensa da prórroga de 60 anos, outorgada polo Goberno de Mariano Rajoy en funcións.

Por iso, solicitou ao organismo xudicial que, tras os trámites oportunos, dite sentenza de conformidade nos termos que piden os demandantes, é dicir, que se anule a prórroga.

A ministra de Industria e Turismo, a este respecto, sinalou nesta entrevista que desde que se tomou esa decisión, "puxémonos a traballar coa empresa e cos traballadores, os sindicatos, para darlle unha solución a este problema".

Arquivado en