Revolto de queixo e atún Pescamar

Pontevedra
12 de outubro 2019

A serie de "A cociña gourmet en conserva" ofrécenos unha receita que é indicada para entrante ou como prato principal, se desexamos un menú lixeiro, e onde aproveitaremos todas as calidades do atún, un peixe con alto contido en Omega-3

Revolto de ovo e diferentes ingredientes
Revolto de ovo e diferentes ingredientes / Pixabay

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar un Revolto de queixo e atún, indicado para entrante ou como prato principal, se desexamos un menú lixeiro.

O atún é un peixe con múltiples propiedades. Destaca a súa achega en proteínas, superior ao dalgunhas carnes. O seu alto contido en Omega-3 beneficia a saúde do corazón e regula os niveis de colesterol e triglicéridos. A estas importantes calidades, hai que engadir os beneficios da súa presentación en aceite de oliva, que ademais contribúe a potenciar o seu sabor.

Esta receita ofrécenola o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar. A través da súa páxina web, tamén nos lembra que "todas as elaboracións de peixe enlatado son moi aconsellables desde o punto de vista nutritivo".

Para preparar un delicioso Revolto de queixo e atún Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:

- 2 latas medianas de atún claro en aceite de oliva Pescamar

- 125 g de patacas frixidas tipo "crips"

- 1 paquete pequeno de chícharos

- 50 g de champiñóns

- 1 cebola mediana

- 175 g de queixo relado

- 3 ovos

- cuarto litro escaso de leite

- sal e pementa

Preparación:

Desmiuzamos o contido escorrido das dúas latas de atún claro en aceite de oliva Pescamar nunha fonte. Esmagamos as patacas "crips" e mesturámolas co peixe. Engadimos os chícharos, os champiñóns limpos e cortados en toros, a cebola picada moi miúda, 125 gramos do queixo relado, o sal e a pementa.

Mesturamos ben todos estes ingredientes.

Untamos unha fonte de forno con manteiga e poñemos nela o revolto que preparamos.

Batemos lixeiramente os ovos e agregamos o leite. Vertemos todo este líquido sobre o revolto. Por enriba, empoamos o queixo restante.

Cocemos en forno moderado, aproximadamente a 165° C, entre 30 ou 40 minutos.

Servimos quente e adornamos con triángulos de pan fritido.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.