Revisión de beirarrúas e plataformas de convivencia peonil en diversas rúas da cidade

Pontevedra
01 de marzo 2021

 Actouse de xeito intensivo nas beirarrúas de Pedro Sarmiento de Gamboa, Rodríguez Seoane, Ponte Boleira, no tramo da avenida de Vigo comprendido entre a rúa Sagasta e a avenida María Victoria Moreno, no barrio da Seca e en Augusto García Sánchez. En marzo continuarán as intervencións en outros puntos do municipio

Obras en Augusto García Sánchez
Obras en Augusto García Sánchez / Concello de Pontevedra

As actuacións previstas para xaneiro e febreiro por parte da concellería de Sostemento de Espazos Públicos Urbanos atópanse practicamente finalizadas, segundo este servizo, a pesar das condicións de choiva que marcaron estes dous últimos meses e que obrigaron a retardar as obras, segundo informan desde o goberno local.

Traballouse na revisión de beirarrúas e de plataformas de convivencia peonil en varios puntos do municipio para arranxar os danos ocasionados pola súa utilización habitual, pola climatoloxía e outros factores de desgaste.

Actuouse de maneira intensiva, segundo a concellería que dirixe Eva Vilaverde nas rúas Pedro Sarmiento de Gamboa, Rodríguez Seoane e Ponte Boleira. Tamén se interveu no tramo da avenida de Vigo, entre a rúa Sagasta e a avenida María Vitoria Moreno; ademais de en varas cales do barrio da Seca e en Augusto García Sánchez, na contorna da praza de Galicia. Precisamente neste último espazo cambiáronse 250 lousas.

Ademais executáronse arranxos en beirarrúas e elementos do mobiliario urbano en Benito Corbal, Cobián Roffignac, Faustino Santalices, Alcalde Hevia,  Armórica, Rúa da Historia, Nova de Arriba, Amargura, avenida de Santa María, Augusto González Besada, Laranxo, na rotonda de Pintor Laxeiro con Conde Bugallal, tamén na varanda de Eduardo Pondal con Camiño de  Ferro, Peregrina, Michelena e nos arredores da fonte dos Nenos.

Durante estes meses rehabilitouse tamén de maneira integral a capa de rodadura na Rúa das Fragas, José Malvar, Palamios, e Daniel da Sota. Ademais levaron a cabo outras obras menores en Martín Códax, Pintor Laxeiro, Rosalía de Castro, avenida Bos Aires, San Amaro, Médico Ballina, Doce de Novembro, e Rúa do Corpo Santo. Os traballos de pintado nestas rúas desenvolveranse cando a meteoroloxía o permita.

Precisamente, a impermeabilización das escaleiras de acceso desde a praza da Liberdade á rúa Gagos de Mendoza quedou retardada debido á choiva e aínda se atopa en execución.

A concellería ten previsto que no mes de marzo continúe o traballo de mellora dos itinerarios peonís en Luís Braille, onde xa se iniciaron as obras, Padre Fernando Olmedo, Xoán Manuel Pintos, Paio Gómez de Soutomaior, e no paseo peonil no tramo entre a avenida de Uruguai e a avenida de Marín.

Ademais espérase actuar con intervencións máis concretas nas beirarrúas de Alcalde García Filgueira, Grecia, Camiño Vello de Castela, Almirante Mato, avenida de Uruguai e na contorna das prazas de garaxe en Eduardo Pondal onde se producen roturas das lousas de maneira frecuente.