Reunión para abordar "os retos inmediatos e de futuro do Museo"

Pontevedra
21 de novembro 2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o vicepresidente segundo e responsable do Museo de Pontevedra, Rafa Domínguez, mantiveron este martes un encontro de traballo coa directora do Museo, Ángeles Tilve; e a directora de xestión desta entidade pertencente á Deputación, Cruz Farto; para analizar os retos inmediatos e de futuro que ten que afrontar esta institución

Rafa Domínguez, Luis López, Ángeles Tilve e Cruz Farto
Rafa Domínguez, Luis López, Ángeles Tilve e Cruz Farto / Deputación de Pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o vicepresidente segundo e responsable do Museo de Pontevedra, Rafa Domínguez, mantiveron este martes un encontro de traballo coa directora do Museo, Ángeles Tilve; e a directora de xestión desta entidade pertencente á Deputación, Cruz Farto; para analizar os retos inmediatos e de futuro que ten que afrontar esta institución.

Entre os asuntos tratados, está a adaptación do proxecto para a rehabilitación de Santa Clara ou os plans para a rehabilitación dos edificios centrais do Museo, así como outros asuntos relacionados coa actividade diaria do Museo de Pontevedra.

Rafa Domínguez xa ten manifestado que "está claro que é necesario modificar algúns aspectos do proxecto que non se corresponden coa idea que entendemos que debe representar Santa Clara para o Museo". 

O vicepresidente cre que "o convento non pode ser un simple almacén de restos arqueolóxicos, non é o axeitado, hai outros lugares que poden servir para ese propósito" polo que "o noso obxectivo é abrir e incorporar Santa Clara a toda a cidade, adaptando o espazo sen danar uns xardíns que levan máis de 400 anos pechados", asegurou.