Retiran máis de 400 quilos de lixo mariño en diferentes praias da Illa de Arousa

O Salnés
22 de abril 2021

A iniciativa forma parte do programa Plancton impulsado por Afundación co obxectivo de fomentar a conservación e a sustentabilidade das actividades socioeconómicas nas áreas de influencia das Zonas de Especial Protección de Aves Mariñas de Galicia 

Voluntarios retiran residuos das praias da Illa de Arousa
Voluntarios retiran residuos das praias da Illa de Arousa / Afundación

Máis de 160 persoas voluntarias de diferentes entidades retiraron máis de 400 quilos de residuos en diferentes praias da Illa de Arousa. Nestes areais deuse o pistoletazo de saída ao programa Plancto, unha iniciativa impulsada por Afundación cuxo principal obxectivo é fomentar a conservación dos mares galegos e a sustentabilidade das actividades socioeconómicas que leva a cabo nos mesmos.

A campaña, que se desenvolverá ao longo de 2021, conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Na retirada de residuos participaron de forma voluntaria traballadores da Confraría de Pescadores da Illa de Arousa, do CEIP Torre da  Illa, do Instituto  Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA), e das asociacións do terceiro sector BATA e Con  Eles. Todos participaron nesta recollida manual de lixos mariños en lugares como as praias de Cabodeiro, Sapeira, Aguillón, Riasón e Tarais o las de As Salinas, Xastelas, Lontreira, As Margaridas y Punta Carreirón.

Entre os materiais retirados atópanse elementos de pesca, como cabos, cabitos, pequenos anacos de redes e apeiros de cultivo, e utensilios de tipo doméstico, como as bolsas e tapóns plásticos, botellas,  garrafas, envoltorios,  bastoncillos para limpar os oídos, ademais de cabichas e pequenos anacos de plástico difíciles de identificar.

Esta foi a primeira das diversas accións deste tipo que se programaron no marco do programa Plancto. A seguinte será este próximo sábado, 24 de abril, no illote de Areoso, onde un grupo de  navalleiros da Confraría de Pescadores da Illa de Arousa capitanearán unha nova limpeza, neste caso de fondos, acompañados por voluntarios mergulladores do Club Subacuático Pérez-Sub.