Retiran árbores e pólas caídas do treito interurbano do río da Gándara en Cerponzóns

Pontevedra
21 de agosto 2021

Augas de Galicia está realizando actuacións de conservación e limpeza en 135 metros do treito interurbano do río da Gándara de Pontevedra. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas

Retiran árbores e ramas caídas do tramo interurbano do río da Gándara
Retiran árbores e ramas caídas do tramo interurbano do río da Gándara /

Augas de Galicia está realizando actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río da Gándara, no termo municipal de Pontevedra.

Segundo informou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, estes traballos estanse a desenvolver nun treito deste río de 135 metros de lonxitude ao seu paso pola parroquia de San Vicente de Cerponzóns.

As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Esta intervención contribuirá á mellora do leito fluvial para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.