63 vehículos abandonados en 12 concellos da provincia. ÿ o balance do programa de recollida e tratamento de vehículos fora de uso que puxo en marcha a Deputación de Pontevedra no ano 2012. Trátase dun proxecto piloto que ten unha duración de dous anos e que executa a empresa Vigoto Cat, adxudicataria do servizo.
Os concellos nos que se retiraron estes vehículos foron: Nigrán (35 coches abandonados retirados), Crecente (6), Cangas (5), Gondomar (4), Tomiño (3), Ribadumia (2), Ponte Caldelas (2, Mos (2), Pontecesures (1), Moaña (1), Cambados (1) e Cotobade (1).
Con esta iniciativa a Deputación pretende reducir o crecente número de vehículos abandonados, coa redución da contaminación visual e ambiental que isto provoca. O procedemento comeza cando a policía local levanta acta do coche abandonado e logo, nun prazo máximo de tres meses, comprobase se hai reclamación ou se está embargado (entón non se pode tocar). ÿ entón cando a empresa retira o coche e procede á súa descontaminación, desmontaxe para reciclaxe e venta de pezas e ferro, e destrución.
Este servizo de recollida non ten custe para a Deputación ou para os concellos adheridos de menos de 50.000 habitantes. No caso da provincia de Pontevedra son 43 municipios os que participan de esta iniciativa.