Un total de 23 voluntarios participaron este domingo na terceira xornada da campaña de limpeza do río Gafos 2016 que organiza a asociación Vaipolorío.
Divididos en tres grupos de traballo as labouras de limpeza centráronse no tramo rural de Tomeza.
Nesta ocasión, os membros de Vaipolorío contaron coa axuda da Asociación Juan XXIII de Pontevedra.
Despois de varias horas de traballo retiráronse uns 300 quilos de lixo do río.
O vindeiro domingo renovaranse estes labores de limpeza. Aquelas persoas interesadas en participar teñen que acudir ás dez da mañá á entrada da estación de autobuses de Pontevedra.