Retirada de niños de velutina e incendios, principais actuacións de Emerxencias de Sanxenxo en 2017

Sanxenxo
16 de xaneiro 2018

Os meses de xullo e agosto foron o de máis traballo para o servizo local de  Emerxencias do  Concello de Sanxenxo. Ao longo de todo o ano 2017 realizou un total de 790 intervencións e o 30% concentráronse neses meses centrais do verán. As cifras, ademais, revelan que interviñeron 245 veces que un ano antes 

Atropelo en Sanxenxo
Atropelo en Sanxenxo

Os meses de xullo e agosto foron o de máis traballo para o servizo local de Emerxencias do Concello de Sanxenxo. Ao longo de todo o ano 2017 realizou un total de 790 intervencións e o 30% concentráronse neses meses centrais do verán. As cifras, ademais, revelan que interviñeron 245 veces que un ano antes, isto é, un 31% máis. 

O balance facilitado polo Concello de Sanxenxo indica que en xullo se realizaron 132 intervencións e en agosto, 105. Fronte a esta actividade frenética dos meses nos que Sanxenxo aumenta de forma importante a súa poboación, as tarefas redúcense en xaneiro e marzo. 

En concreto, en xaneiro as intervencións foron 35 e en marzo, 43. O resto do ano, a media sitúase en 60 actuacións cada mes entre accións de salvamento e rescate; intervencións en vías públicas, accidentes e incendios; sucesos relacionados con danos causados por auga e outros riscos. 

O tipo de intervención que xerou máis traballo foi a extracción de enxames de velutina, 265, seguida dos incendios, cun total de 142 ao longo do ano entre forestais, urbanos, industriais ou e vehículos, así como en extinción de queimas. 

Os profesionais desta área municipal realizaron 131 operacións na vía pública e accidentes, correspondendo en gran parte a accidentes de tráfico con excarceración (5) ou sen ela (75). 

Ademais, interviñeron por 45 limpezas de vías por derrames de gasoil na calzada e realizaron 120 asistencias relacionadas con escapes de gas, tendidos e iluminación pública, danos por rotura de tubaxes, aperturas urxentes e desprendementos en construcións

Emerxencias de Sanxenxo tamén presta servizo en concellos limítrofes e no ano 2017 contabilizáronse 57 actuacións en Poio, 26 no Grove e 28 en Meaño

Arquivado en