A Policía Local de Poio interveu este luns 25 de xullo nun accidente de circulación ocorrido na PO-308 en San Salvador.
A pesar de tratarse dunha colisión de pouca consideración, un golpe por alcance con só danos materiais, o suceso provocou o corte de circulación dun dos carrís da estrada en plena hora punta ao tratarse dunha xornada de praia, carrexando retencións.
Segundo explica a Policía, o choque produciuse ao redor das 13.40 horas.
O corte do carril da PO-308, en dirección a Sanxenxo, prolongouse durante 50 minutos, regulándose mentres tanto o tráfico rodado de forma alternativa.
O accidente produciuse á altura da Avenida dos Encoirados.