Retencións de tráfico debido ás obras de asfaltado en Eduardo Pondal

Pontevedra
17 de abril 2024

Ao longo de esta semana, operarios de Covsa están desenvolvendo estas obras que obrigan a realizar cortes temporais de circulación, desvíos dos vehículos e provocan retencións nas rúas próximas

Maquinaria de Covsa realizando o asfaltado en Eduardo Pondal
Maquinaria de Covsa realizando o asfaltado en Eduardo Pondal / PontevedraViva

Ao longo desta semana, operarios e maquinaria da empresa Covsa están a realizar traballos de mellora do firme da Rúa Eduardo Pondal.

Estas obras están a obrigar a cortes de tráfico temporais como o que se rexistraba a primeiras horas deste mércores na Rúa Teixoeira ou con desvíos na rotonda central onde desemboca a Rúa Filgueira Valverde.

A primeiras horas das xornadas e arredor do mediodía é cando se producen máis problemas de retencións de tráfico nunha das rúas con máis acumulación de vehículos ao ser punto de conexión das estacións de tren e de autobús co centro da cidade.

Os traballos realízanse para mellorar a calzada despois das obras efectuadas para reformar as canalizacións desta rúa coa intención de evitar os habituais problemas de inundacións na zona do Gorgullón en épocas de precipitacións