O vindeiro mércores 25 de decembro celebrarase a Carreira Nocturna de Nadal en Pontevedra, unha proba popular tanto para deportistas adultos como infantís.
A competición que se desenvolverá na contorna do centro histórico implicará importantes restricións de tráfico no centro da cidade entre as 19:45 e as 21:30 horas.
Durante este período, quedará prohibido o acceso e a saída de vehículos en toda a zona afectada polo percorrido da proba deportiva, que abrangue gran parte do centro histórico e as súas inmediacións.
O circuíto comeza en Daniel de la Sota e discorre por vías principais como Benito Corbal, Michelena, Princesa, Isabel II, e atravesa lugares emblemáticos como a Praza da Peregrina, a Praza da Verdura e a Praza da Ferrería, onde finalizará, entre outros puntos destacados do centro urbano.
A Policía Local recomenda aos condutores evitar a zona próxima ao centro histórico durante o desenvolvemento da proba.
Como alternativas, os vehículos poderán utilizar a ponte de Santiago para saír da cidade e a ponte das Correntes para entrar nela.