Restricións de tráfico na avenida de Pontevedra debido ás obras na Peixeira

Sanxenxo
17 de decembro 2024

Segundo informa o Concello de Sanxenxo, o tramo de subida desde a rotonda da lonxa até o miradoiro da Peixeira será para uso exclusivo de garaxes e vivendas.

Visita do alcalde antes das obras na zona do miradoiro da Peixeira
Visita do alcalde antes das obras na zona do miradoiro da Peixeira / Concello de Sanxenxo

O avance das obras na Peixeira obriga a restrinxir o tráfico na Avenida de Pontevedra desde este luns e até o 20 de decembro.

Segundo informa o Concello de Sanxenxo, o tramo de subida desde a rotonda da lonxa até o miradoiro da Peixeira será para uso exclusivo de garaxes e vivendas.

O acceso ao outro tramo da Avenida de Pontevedra, á altura da praia de Caneliñas, realizarase pola Rúa Arturo Fontán que cambia a dirección de baixada e a saída realizarase como até agora pola Rúa Ourense.

A parada de autobús escolar da Praza do Enxido trasládase á marquesiña da Rúa Areal, enfronte do mercado de abastos.

A obra da Peixeira e a mellora de conexión co campo de San Roque, presente recuperar a fachada marítima do emblemático miradoiro portonovés e humanizar a conexión da contorna.

Unha vez que conclúa a reforma a circulación rodada quedará relegada a un segundo plano mediante estratexias de acougado de tráfico, colocando badenes na entrada e saída da zona. No viario da avenida de Pontevedra, o único con acceso rodado, limítase o paso do vehículo a un carril dunha soa dirección.

A actuación suporá un cambio significativo no espazo, que abarca unha superficie total de 3.100 metros.

A Deputación achegará o 80% do custo total, que ascende a máis de 942.000 euros e o Concello asumirá o 20% restante.