Está previsto o corte dun carril de circulación durante a mañá deste mércores 28 de abril na avenida Josefina Arruti. O motivo atópase na execución de obras de fresado e de asfaltado nun tramo desta avenida situada na contorna da estación de autobuses.
As obras comezarán ás 09.30 horas e, segundo as previsións do Concello de Pontevedra, terán unha duración de tres horas aproximadamente.
Vai cortarse o tráfico no carril de saída, mentres que o de entrada á cidade desde o Nó do Pino manterase aberto ao tráfico. A saída estará habilitada por dous puntos: un será a través da avenida de Vigo, mentres que o outro se realizará pola rúa Otero Pedrayo cara ao cruzamento do Marco.
Tanto o peche como os desvíos contarán con sinalizacións indicativas para a circulación, que se instalarán de maneira previa.