Restricións de tráfico este mércores festivo en Javier Puig para asfaltar a rúa

Pontevedra
01 de marzo 2022

A actuación vai desenvolverse en dúas fases ao longo da mañá do día 2 de marzo. A primeira será entre as 08.00 e as 11.00 horas, mentres que a segunda se acometerá entre as 11.00 e as 14.00 horas. En todo este traballo de pavimentación garanten o acceso e saída aos garaxes

Segunda fase do asfaltado da rúa Javier Puig este mércores 2 de marzo
Segunda fase do asfaltado da rúa Javier Puig este mércores 2 de marzo / Concello de Pontevedra

Durante a xornada festiva en Pontevedra deste mércores 2 de marzo está previsto que se desenvolvan obras de aplanamento e asfaltado na intersección entre as rúas Javier Puig e Benito Corbal, segundo a información facilitada pola Policía Local de Pontevedra.

Ao longo da mañá acometeranse dúas fases. A primeira terá lugar entre as 08.00 e as 11.00 horas aproximadamente. A circulación en toda esa zona será desviada para garantir o acceso ao centro da cidade de maneira efectiva. Entre as 11.00 e as 14.00 horas, segundo a previsión, só permanecerá pechada a rúa Javier Puig. 

Segundo fontes municipais, a pesar deste proceso de asfaltado, está garantido o acceso e a saída dos garaxes, ademais do funcionamento da parada de taxis situada na rúa Cobián Areal.