Restricións de tráfico en Sanxenxo e Portonovo durante o domingo polos desfiles do Entroido

Sanxenxo
02 de marzo 2024

O tráfico entre Portonovo e Sanxenxo vai desviarse pola Vía Rápida e por pistas municipais alternativas que estarán sinalizadas con paneis informativos nos desvíos correspondentes

Desfile do Entroido en Sanxenxo
Desfile do Entroido en Sanxenxo / Concello de Sanxenxo - Arquivo

Este domingo 3 están previstos os desfiles do Entroido de Sanxenxo. Esta situación obriga a realizar restricións de tráfico tanto no centro de Sanxenxo como en Portonovo, segundo informa o goberno local.

O desfile infantil iniciarase ás 11.00 horas e quedará pechada ao tráfico a zona de inicio na avenida Luis Rocafort. A partir das 12.00 horas tamén se pechará á circulación o Paseo de Silgar e o Porto Deportivo ata a finalización do percorrido.

Prohibirase aparcar na avenida Luis Rocafort, Ramón Cabanillas e Paseo de Silgar coa obrigación de que estas vías queden libres de vehículos a partir das 11.00 horas.

O desfile de adultos impedirá estacionar desde as 14.00 horas e ata a súa finalización na Avenida Luis Rocafort, Rúa Castelao, Rúa Ramón Cabanillas, Paseo de Silgar, Punta Vicaño, Rotonda de Baltar, Avenida de Galicia e Rafael Picó. 

Desde as 15.00 horas e ata o inicio do desfile cortarase ao tráfico a Avenida Luis Rocafort.

A partir das 16.30 horas co comezo do paso de disfraces pecharase ao tráfico o tramo do Paseo de Silgar ata Punta Vicaño, Rotonda Baltar, Avenida de Galicia e Rafael Picó para finalizar na carpa situada no aparcamento do porto de Portonovo.

O tráfico entre Portonovo e Sanxenxo será desviado pola Vía Rápida e por pistas municipais alternativas que estarán sinalizadas con paneis informativos nos desvíos. 

O goberno local recomenda que os desprazamentos se fagan pola VG4.1 durante o transcurso do desfile. 

Arquivado en