A Batalla de Flores que o próximo martes, 19:00 horas, percorrerá as rúas de Pontevedra, ocasionará cortes de tráfico e restrición de aparcadoiro durante o día 13 de agosto.
A Policía Local elaborou un dispositivo no que se inclúe o peche total das rúas polas que pasarán as carrozas, concretamente Xosé Malvar, no tramo entre A Seca e Loureiro Crespo, a propia Loureiro Crespo, Cobian Areal, Uxio Novoneira e Eduardo Pondal, onde finalizará Batala de Flores, á altura da estación de tren.
Os cortes de tráfico iniciaranse ás 17:00 horas para a rúa Xosé Malvar, onde se concentrarán as carrozas participantes, proseguindo co resto do percorrido ás 18:30.
Antes, dende as 8:00 horas da mañá, comezarán as restricións no aparcadoiro nas rúas Xosé Malvar, Loureiro Crespo, Cobián Areal e Uxio Novoneira.
Por último a partir das 15:00 horas se prohibe aparcar tamén en Eduardo Pondal e Camiño de Ferro.
A apertura ao tráfico farase efectivo cando conclúa a Batalla de Flores e a limpeza das rúas por parte dos servizos municipais.