O Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS) e a maior parte da restauración do municipio acordou adiantar a hora de peche, que será ao mediodía ás cinco da tarde e pola noite á unha da madrugada. A medida empezará a aplicarse esta fin de semana e busca mellorar a conciliación entre a vida laboral e persoal.
Este novo horario será voluntario para os establecementos, pero desde CETS avanzan que será unha decisión maioritaria. Con ela, búscase "avanzar cara á conciliación laboral" e tamén cara a "unha hostalería máis sostible".
A medida busca homologar os horarios de restauración en Galicia aos que xa se fan en moitos lugares de Europa, por exemplo en Portugal. Sanxenxo adhírese así á iniciativa de modificación de horarios en que leva avanzando a restauración nos últimos tempos, en liña cos cambios de hábitos laborais e maior sensibilización laboral que se puxo de manifesto tras a pandemia e que están a asumir xa en moitos establecementos de restauración.
O sector aposta por horarios que permitan aos traballadores conciliar e tamén mellorar as súas condicións laborais, adaptándoas ás necesidades da vida persoal e familiar.
Con estes novos horarios, a restauración reorganizar de forma eficiente as quendas e desde o sector explicaron este venres a través dun comunicado que pode ser un cambio positivo tanto para o público como para os profesionais do sector.
O sector anima á poboación para cear a unha hora máis temperá.