Dous cargos intermedios de Ence en Pontevedra e o administrador da empresa Limpezas e Servizos Industriais Diz, que prestar servizo na factoría de Lourizán, se sentarán este martes no banco dos acusados do Xulgado do Penal número 1 de Pontevedra como presuntos responsables dun accidente laboral cun traballador ferido rexistrado no ano 2006.
Fontes xudiciais confirmaron que o xuízo se celebrará durante dous días nos xulgados da Parda e os tres imputados deberán responder por un delito contra os dereitos dos traballadores en concurso con lesións imprudentes polo que a Físcalía pide que sexan condenados a penas de entre dous e tres anos de prisión.
O fiscal solicita tamén que os tres procesados indemnicen o traballador, que no momento do accidente tiña 43 anos, con máis de 400.000 euros, dada a gravidade das lesións que sufriu. De feito, a causa do accidente tiveron que amputarlle a perna esquerda.
A vítima era un traballador da empresa de Pontevedra Limpezas e Servizos Industriais Diz, que realiza tarefas de limpeza en máquinas de gran tamaño da pastera. No momento no que sufriu o accidente laboral esta realizando tarefas na factoría.
Segundo o fiscal, foi vítima de imprudencia por parte tanto da súa propia empresa coma de Ence, de aí que sente no banco non só ao administrador da súa firma contratante, senón tamén a un contramestre e un responsable do servizo de prevención da pastera.