Miles de persoas seguiron a tirada de fogos de artificio ás 00.00 horas deste domingo.
Nestas Festas da Peregrina cambiábase o lugar de lanzamento. A Pirotécnica realizaba a tirada nun espazo situado entre a ponte do Burgo e a ponte de Santiago, cambiando desta forma o tradicional lugar que se situaba na contorna das Corbaceiras, en San Roque.
Os espectaculares lumes eran seguidos por público que se apiñaba nas rúas, sentados nas beirarrúas na contorna do Mercado de Abastos ou gravando e fotografando cos dispositivos móbiles desde as pontes as resplandecientes luces que lucían nun ceo despexado dentro dunha noite con temperaturas agradables e no que, durante estas xornadas, existía a posibilidade de ver o fenómeno astronómico das Perseidas, coñecidas popularmente como bágoas de San Lorenzo.