Unha muller sufriu un accidente este venres cando manexaba o tractor no Monte da Picota, no concello de Portas.
Foi a súa filla a que pediu axuda a través do 112 Galicia para socorrer á súa nai que estaba atrapada baixo o tractor.
Finalmente, lograron mover o vehículo e a señora quedou liberada, pero necesitaba asistencia sanitaria.
Por iso, tras a chamada do fillo ao 112 Galicia, cara ao cinco desta tarde, permitiu activar os recursos de emerxencias necesarios, isto é, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Ribadumia e voluntarios de Protección Civil de Portas e Cuntis.
Con todo, pouco despois, o alertador confirmou que a muller xa estaba liberada porque conseguiran mover a roda do tractor.
Deste xeito, xa foi atendida polo equipo médico e trasladada ao Hospital de Montecelo, en Pontevedra.