Rescatan dous golfiños que vararon no Grove

O Salnés
13 de abril 2016

O dispositivo activouse despois da chamada dun veciño ao CAE 112 Galicia alertando da presenza dos cetáceos que quedaran atrapados ao baixar a marea. Unha vez que chegaron o equipo de expertos á zona numerosos voluntarios colaboraron para conducir a augas máis profundas aos dous golfiños

Rescate de dous golfiños no Grove
Rescate de dous golfiños no Grove

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) coordinou este martes unha operación de rescate no Grove que logrou salvar a dous golfiños que quedaran varados nas proximidades da ponte da Toxa.

Segundo informaron desde o Cemma, tratábase dunha femia adulta, duns 400 quilos de peso, e dunha cría duns 300.

O dispositivo activouse despois da chamada ás 13.00 horas dun veciño ao CAE 112 Galicia alertando da presenza dos cetáceos que quedaran atrapados ao baixar a marea.

Ademais do Cemma participou o Instituto para o Estudo dos Golfiños Mulares (BDRI), que ten sede no Grove, efectivos de Protección Civil e membros da Confraría de Pescadores.

Unha vez que chegou o equipo de expertos á zona numerosos voluntarios colaboraron para conducir a augas máis profundas aos dous golfiños.