Unha veciña de Moraña, de 20 anos de idade, resultou ferida esta madrugada tras sufrir un accidente de tráfico na estrada EP-0501, á altura do municipio de Cuntis.
A condutora foi trasladada ao Hospital Montecelo con dores nunha perna, no peito e nas cervicais.
O vehículo que conducía de regreso á súa casa saíuse da estrada e quedou coas catro rodas apoiadas na parede inclinada do noiro, a piques de envorcar.
Ao ver que non podía saír do coche, a moza chamou por teléfono á súa nai quen alertou a emerxencias e desprazouse ao lugar do sinistro.
Segundo explicaron desde o Servizo de Emerxencias de Cuntis a moza tivo que ser rescatada do interior do vehículo polo teito solar.