Este mércores 3 de xuño celébrase o Día Nacional do Doante por parte da Asociación de Amigos da Pontevedrada-ASAMPO cun detalle cariñoso cara á figura de Arturo González, un dos participantes solidarios máis activos na cita anual da Pontevedrada.
Unha vez que as autoridades están a acometer de maneira gradual a eliminación das restricións para regular a Covid 19, a Asociación ASAMPO decidiu reprogramar a Pontevedrada e establecer unha nova data para a súa celebración. Será o 10 de outubro deste ano con saída ás 20 horas na Alameda de Pontevedra, coas mesmas condicións loxísticas e organizativas previstas para o 25 de abril, a xornada na que se suspendeu con motivo da expansión da Covid 19, cando xa se contaba con 700 personas apuntadas.
Todas as persoas apuntadas nesta décima edición da Pontevedrada conservan as súas inscricións e ASAMPO lembra que o prazo para participar neste evento solidario continúa aberto.
A Pontevedrada é unha marcha nocturna e ininterrompida a pé, de 67 quilómetros, a través do Camiño de Santiago Portugués, desde a Praza de España en Pontevedra ata a Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela.