Volve estar completo o conxunto escultórico da Fonte dos nenos, na Glorieta de Compostela.
Este xoves volveron instalar a figura da nena que foi vítima dun acto vandálico en agosto de 2022.
Un grupo de mozos atentou contra esta figura rompéndolle unha perna por varios lugares e un pé.
Segundo a gravación dunha cámara de seguridade un mozo balanceouse sobre a figura ata que logrou separala da súa ancoraxe no chan. Mentres os seus amigos miraban sen facer nada para impedir a desfeita.
Durante este tempo, o canteiro encargado de recuperar a escultura estivo a buscar unha peza de cor similar.
En outubro de 2002, este conxunto escultórico tamén sufriu outra acción vandálica cando outro grupo de persoas arrincou a estatua da nena.