Repintado das marcas viarias no centro urbano de Marín a partir de setembro

Marín
07 de agosto 2021

O Concello de Marín anunciou este sábado que no mes de setembro iniciarán as labores de rehabilitación de marcas viais en rúas do casco urbano do municipio. O proxecto se enmarca no programa de intervencións en vías públicas do Goberno local para mellorar o espazo urbano

Marín
Marín /

O Concello de Marín anunciou este sábado que no mes de setembro iniciarán as labores de rehabilitación de marcas viais en rúas do casco urbano do municipio. O proxecto se enmarca no programa de intervencións en vías públicas do Goberno local para mellorar o espazo urbano.

Dado o importante deterioro da pintura, que supón un problema para a seguridade viaria e a ordenación do tráfico, o Concello repintará as marcas viais do pavimento da calzada. 

A actuación, que terá un investimento de 26.594,51 euros, permitirá corrixir os casos onde a señalización existente non se axuste á normativa. O prazo de execución será de 2 meses, tendo en conta as condicións climatolóxicas.

As rúas que se beneficiarán deste proxecto de repintado serán Rúa Lameira; Avenida de Ejército y Marina; Intersección da Rúa do Forte, con Avenida Ejército y Marina e Rúa Lameira; Rúa do Forte na súa totalidade; Enlace da Rúa do Forte con Tiro Naval Janer; Enlace da Avenida de Ejército y Marina con Rúa Tiro Naval Janer e Rúa da Ponte; Rúa Serafín Tubío; Entorno da Praza de España; Rúa da Ponte; Enlace da Rúa da Ponte con Rúa Doutor Touriño Gamallo; Rúa Doutor Touriño Gamallo; Rúa Concepción Arenal (xunto ao Parque Eguren e ata o seu enlace coa Rúa Carballiño); Rúa da Estrada; Rúa Méndez Núñez; Rúa Vidal Pazos; Enlace da Rúa Méndez Núñez con Concepción Arenal e República Arxentina; Rúa República Arxentina; Enlace da Rúa República Arxentina coa Rúa de Quevedo; Rúa de O Carballiño e, por último, Rúa de José Trasande.