Reparten entre os veciños o compost producido polo módulo comunitario de Portonovo

Sanxenxo
28 de setembro 2017

Aos poucos vai aumentando o número de veciños que achegan os residuos orgánicos a esta zona, tendo así unha media de enchido de depósito de 16 días

Reparto de compost en Sanxenxo
Reparto de compost en Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

Este xoves repartíronse 500 litros de compost entre os veciños participantes no módulo de compostaxe comunitaria instalada no parque do Espiñeiro, en Portonovo.

Desde o mes de febreiro, e tras catro meses de funcionamento, este composteiro comezou a producir o seu propio compost nos seus seis módulos que posteriormente se aumentaron con dous máis.

O material entregouse tras unha revisión de Carlos Silva, o mestre composteiro da zona, distribuíndo a parte máis fina e devolvendo ao depósito os residuos máis grosos.

Aos poucos vai aumentando o número de veciños que achegan os residuos orgánicos a esta zona, tendo así unha media de enchido de depósito de 16 días.