Reordenan o parque de bombeiros para ampliar as zonas comúns ante a covid-19

Pontevedra
28 de decembro 2020

Case 530.000 euros. Será o diñeiro que invista o goberno municipal de Pontevedra para adecuar o parque de bombeiros ás recomendacións sanitarias pola covid-19. Trátase dunha serie de obras de emerxencia para mellorar o interior das instalacións

Visita do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ao parque de bombeiros
Visita do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ao parque de bombeiros / Mónica Patxot

Case 530.000 euros. Será o diñeiro que invista o goberno municipal de Pontevedra para adecuar o parque de bombeiros ás recomendacións sanitarias pola covid-19. Trátase dunha serie de obras de emerxencia para mellorar o interior das instalacións.

A portavoz do executivo local, Anabel Gulías, explicou que esta reforma está motivada pola pandemia, de forma que se poidan garantir as distancias entre os traballadores para reducir o risco de contaxios.

Así, todas as dependencias de uso común, entre elas a cociña, a zona de descanso ou as estancias onde os bombeiros esperan para realizar intervencións, serán ampliadas e situaranse na zona dereita do parque, onde está o taller dos coches e o hangar anexo.

A área de oficinas concentrarase, por parte, no lado esquerdo do parque, onde tamén haberá máis espazo para estes despachos.

O taller dos coches estará no hangar anexo e os dormitorios estarán na parte superior do parque, segundo confirmou Anabel Gulías.

Estas obras, que foron aprobadas polo procedemento de urxencia, teñen un prazo de execución de catro meses e o Concello espera poder acometelas "coa máxima celeridade".