Renovan as instalacións do parque infantil da Praza da Granxa

Poio
12 de abril 2022

Esta non será a única actuación que, a medio prazo, se vai a acometer nos parques do municipio, xa que nos vindeiros días, unha vez pasada a Semana Santa, comezarán os labores para o cambio de emprazamento do parque infantil de Combarro

Parque infantil da Praza da Granxa, en Campelo
Parque infantil da Praza da Granxa, en Campelo / Concello de Poio

O parque infantil de Campelo, situado na Praza da Granxa, vai a ser obxecto dunha remodelación para renovar as súas vellas instalacións.

De entrada, está previsto que se leve a cabo a reparación do valado de madeira que rodea o espazo, un peche que presenta un deterioro evidente.

Os operarios tamén procederán a dotar á superficie de céspede sintético, para mellorar a seguridade e garantir máis comodidade para a rapazada.

Durante a execución dos traballos tamén se repararán e porán a punto os aparellos existentes.

Esta non será a única actuación que, a medio prazo, se vai a acometer nos parques do municipio, xa que nos vindeiros días, unha vez pasada a Semana Santa, comezarán os labores para o cambio de emprazamento do parque infantil de Combarro.

Este parque, situado actualmente no Paseo das Redeiras, pasará a estar nunha parcela próxima ao peirao da Canteira.

O obxectivo deste traslado é que o parque estea nunha zona máis próxima ao núcleo de parroquia, de xeito que o espazo liberado sexa destinado a ofrecer máis prazas de aparcamento de xestión municipal, para as persoas residentes no centro histórico.

A posta a punto destas prazas levarase a cabo en canto Portos de Galicia dea o visto bo á solicitude de concesión presentada polo Concello de Poio e que previamente foi aprobada polo pleno da corporación municipal.