Renovan a iluminación na avenida de Marín

Pontevedra
30 de agosto 2021

Esta fin de semana iniciouse a renovación da iluminación da avenida de Marín. Seguindo co mantemento de espazos públicos, procedeuse co cambio de luminarias altas, un total de 60 contarán agora con tecnoloxía LED. Do mesmo xeito, mudaranse  90 balizas e procederase co pintado de 20 báculos

Un operario de Setga arranxando un farol
Un operario de Setga arranxando un farol / PontevedraViva

Esta fin de semana iniciouse a renovación da iluminación da avenida de Marín. Seguindo co mantemento de espazos públicos, procedeuse co cambio de luminarias altas, un total de 60 contarán agora con tecnoloxía LED. Do mesmo xeito, mudaranse  90 balizas e procederase co pintado de 20 báculos.

O Goberno local enmarca esta actuación na idea de continuar o camiño de mellora e aforro enerxético na cidade. 

Doutra banda, a parada de autobús desta avenida tamén recibiu unha mellora, coa instalación dunha nova columna de luz e o cambio a luminaria LED nos puntos lumínicos de arredor.

O orzamento para estas actuacións ascendeu a preto de 40.000 euros e está a ser realizado pola empresa Setga.