Renovan 228 luminarias de varias rúas do centro de Marín

Marín
19 de maio 2023

O orzamento total do proxecto ascende a 194.775 euros, cofinanciado nun 80% polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), un 20% pola Deputación de Pontevedra e un 10% con fondos propios do Concello

Renovación de luminarias no centro de Marín
Renovación de luminarias no centro de Marín

Iniciáronse as obras para a renovación dun total de 228 luminarias por distintas rúas do centro de Marín.

O orzamento total do proxecto ascende a 194.775 euros, cofinanciado nun 80% polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), un 20% pola Deputación de Pontevedra e un 10% con fondos propios do Concello.

Tal e como explicou a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, "este tipo de actuacións son fundamentais, porque por unha banda melloran a sustentabilidade do noso alumeado público e, por outra, favorecen o aforro enerxético".

Se substituirán luminarias na Rúa do Forte con Praza de España (8 luminarias); Rúa do Forte (6), Banda do Río - Calexón do Peñón - Praza da Fonte - Calexón Guillerma (30); Serafín Tubío - Augusto Miranda - Secundino Lorenzo (36); Rúa do Forno - Rúa Real - Rúa do Sol - Travesía do Forno - Rúa Almuíña - Praza de España (60); Rúa Calzada - Rúa Veiguiña - Ribeiras do Baixo, Medio e Arriba - Rúa Echegaray - Rúa Salvador Moreno - Rúa Caracol - Calexón Teimón (58); Rúa Méndez Núñez - Rúa da Rosa - Rúa Fondo do Saco (24) e Rúa Concepción Arenal (6 luminarias).