Rematan as visitas guiadas aos petróglifos de Cuntis cunha noite de lúa chea

Umia
14 de setembro 2019

O alcalde Manuel Campos Velay, que tamén participou na ruta, destacou a importancia destas actividades para dar a coñecer o patrimonio que moitas veces esquécese ou queda desprotexido

Visita nocturna ao conxunto arqueolóxico da Ran
Visita nocturna ao conxunto arqueolóxico da Ran / Concello de Cuntis

As visitas guiadas para coñecer o patrimonio arqueolóxico do Concello de Cuntis remataron este venres 13 coincidindo co plenilunio. O percorrido realizouse ata o conxunto arqueolóxico da Ran.

Os participantes recibiron unha charla explicativa sobre os principais fundamentos da arte rupestre no norte da Península Ibérica.

Grazas á luminosa lúa e coa axuda das lanternas, os visitantes puideron comprobar as formas dos gravados situados en distintas rochas comprobando os magníficos relevos que representan.

O alcalde Manuel Campos Velay acudiu a este roteiro e sinalou que estas actividades resultan necesarias para poñer en valor o patrimonio arqueolóxico, que en moitas ocasións atópase esquecido ou desprotexido.

Arquivado en