Rematan as obras do plan marco que permitiu mellorar seis camiños rurais en Cotobade

Cerdedo-Cotobade
07 de xullo 2014

Trátase de seis camiños do concello (Augasantas, Costa-Caroi, Cimadevila-Caroi, Iglesia-Caroi, Costa-Carballedo e Ponte Fentáns) onde se levaron a cabo labores de mellora da capa de rodadura e reposición de firmes

Visita ás obras do plan marco
Visita ás obras do plan marco / Xunta de Galicia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou este luns as obras que se están a executar para a mellora de seis camiños rurais do concello de Cotobade dentro do Plan Marco da Consellería de Medio Rural e do Mar en compaña do alcalde da localidade, Jorge Cubela.

Nesta visita estivo acompañado pola xefa do servizo de Infraestruturas Agrarias, Julia Pérez Pacios, así como polos representantes da empresa adxudicataria dos traballos.

Trátase de seis camiños do concello (Augasantas, Costa-Caroi, Cimadevila-Caroi, Iglesia-Caroi, Costa-Carballedo e Ponte Fentáns) onde se levaron a cabo labores de mellora da capa de rodadura e reposición de firmes.

En concreto, os traballos supuxeron a mellora do firme con hormigón en 25 metros do camiño de Augasantas; con aglomerado en quente en 88 metros en Costa-Caroi; tamén se mellorou a capa de rodadura con aglomerado en quente en 145 metros do camiño rural de Cimadevila-Caroi e con aglomerado en frío en 580 metros en Ponte Fentáns. En Costa-Carballedo e en Iglesia-Caroi, os trabalos executáronse con firme de formigón. No caso de Costa-Carballedo mellorouse 195 metros e Iglesia-Caroi ao longo de 30 metros. Neste camiño tamén se incluíu a construción de 25 metros cúbicos de muro de mampostería de pedra.

O investimento nestes traballos terá un custo total de cerca de 61.000 euros.