A empresa Bricantel vén de rematar o arranxo de sete parque infantís municipais en Soutomaior, uns traballos que acometeu baixo a dirección de obra de Infourban.
Foron os do Peirao, da Feira, da Devesa, da Veiguiña Longa, de Aranza, de Moreira e da Lamela.
O Concello iniciou no mes de setembro a primeira fase de recuperación destes espazos municipais despois de que unha auditoría sinalase os danos que sofre cada parque e deseñase as actuacións máis axeitadas para cada un deles.
O alcalde, Manu Lourenzo, e o concelleiro de Obras, Pablo Garrido, visitaron nesta xornada os parques infantís que xa foron arranxados nesta primeira fase de remodelación.
Para levar adiante esta actuación o Concello contou cunha subvención de 45.000 euros.
Manu Lourenzo sinalou que os dezaoito parques infantís do concello levan anos "nun estado de deterioro inadmisible", polo que "urxía" actuar naquelas zonas que teñen maiores usuarios.
O alcalde comprométese a sacar adiante a segunda fase de recuperación dos parques infantís.
Ademáis da seguridade, a inclusividade é outra das condicións que deben cumplir estes espazos recreativos, adaptándoos para que calquera neno, sexa cal sexa a súa diversidade funcional, poida gozar de maneira autónoma neles.