O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de rematar a renovación do firme de dúas pistas do lugar de A Longa, na parroquia de San Xurxo de Sacos, e xa prepara o acondicionamento e pavimentación doutras sete vías municipais desta zona no marco do seu plan de infraestruturas 2019, que suporá un investimento de 150.000 euros.
Trátase de dúas vías municipais, anexas á estrada N-541 e cunha lonxitude 370 e 190 metros, respectivamente, nas que se que renovou o firme cun capa de aglomerado en quente e se procedeu á preparación das gabias. Ademais, na máis curta das dúas tamén se construíu un potente muro de contención para garantir a seguridade.
O alcalde, Jorge Cubela, anunciou que nas vindeiras semanas vaise completar o plan de mellora viaria da parroquia de San Xurxo co acondicionamento e a pavimentación de sete pistas máis, das que dúas pertencen ao lugar de Barral e outra ao de Lis, ambos na zona de Cutián, e as restantes correspóndense con Cernadelo, Calva da Viña, Fentáns e O Remouro.