Rematada a fase principal de escavación do Gran Montecelo

Pontevedra
18 de decembro 2021

A Xunta de Galicia confirmou que a empresa adxudicataria das obras do Gran Montecelo xa rematou a fase principal de escavación. Os traballos, que comezaron en xuño, realizáronse cun sistema que posibilitou a escavación en rocha de gran dureza sen requirir voaduras

Obras de construción do hospital público Gran Montecelo
Obras de construción do hospital público Gran Montecelo / Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia confirmou que a empresa adxudicataria das obras do Gran Montecelo xa rematou a fase principal de escavación. Os traballos, que comezaron en xuño, realizáronse cun sistema que posibilitou a escavación en rocha de gran dureza sen requirir voaduras.

Concretamente, os traballos consistiron cun medio especial de uña con sistema vibrante excéntrico axustado nunha retroexcavadora de 60 toneladas, escavando un total de 200.000 metros cúbicos e máis de 300 zapatas de cimentación en roca de grandes dimensións e minimizando o ruído e malestar nos alrededores.

Estas obras da primeira fase do Hospital Público Gran Montecelo seguen o seu curso e contan cunha achega automómica de máis de 130 millóns de euros. Conxuntamente, o Goberno investirá 155 millóns, xa que a segunda fase de reforma do edificio e a construción do aparcadoiro custarán 25 millóns.

O novo edificio hospitalario conta cunha superficie de 92.000 metros cadrados distribuídos en 10 andares. No edificio dianteiro situarán as consultas externas de hematoloxía, medicina preventiva, cardioloxía ou dixestivo; e outro traseiro para as urxencias, o bloque cirúrxico, a UCI pediátrica ou os laboratorios. Sobre esa zona de basamento elevarán un terceiro bloque que se corresponde co edificio de hospitalización.

Arquivado en